Queres afiliarte ao Partido Popular?

É fácil. Aquí atoparás as fichas de afiliación e unhas sinxelas instrucións.

Se che gusta a política, sentes interese por participar nela, animámoste/convidámoste a unirte a un dos partidos con máis afiliados de toda Europa para que achegues as túas ideas e formes parte do noso proxecto político.

Requisitos

  • Ser maior de idade.

  • Español e, neste caso, non militar en ningún outro partido, salvo os residentes no estranxeiro que poderán estar afiliados a partidos afíns ao Partido Popular.

  • Ser cidadán dalgún país da Unión Europea. Neste caso, pode simultanearse a militancia con partidos do seu ámbito nacional, sempre que sexan afíns ao Partido Popular.

  • Coñecer e asumir os Estatutos do partido así como os seus principios de actuación.

  • Cumprimentar a ficha de afiliado e presentala na sede do partido da túa residencia. A ficha debe estar avalada por dous afiliados.

Opcións

Os vixentes Estatutos do partido establecen unha única figura, a do afiliado, con dúas modalidades:

  • Militante, con obrigación de cuota.

  • Simpatizante, sen obrigación de cuota.

Afiliate al PP

Residentes en España

Para os residentes en España maiores de 18 años.

Quen teñan entre 16 e 30 anos, poden afiliarse a través de Novas Xeracións. Non se alcanzará a plenitude de dereitos até os 18.

Para os españois que residen fóra do territorio español, existe un modelo diferente aos anteriores. Ficha de afiliación con domicilio censal.

Novas xeracións
Residentes no extranxeiro

Contacta con nós

Se prefires, completa os teus datos persoais para iniciar o proceso de afiliación. A nosa agrupación local poñerase en contacto contigo á maior brevidade.