CANGAS SOFRE RESTRICIÓNS DE AUGA MENTRES O GOBERNO DO BNG SEGUE SEN CUMPRIR A LEI AO NON FACER A AUDITORÍA DAS FUGAS DA REDE MUNICIPAL
O Concello podería estar perdendo máis do 40% do caudal potable por filtracións subterráneas ocultas. Mentres tanto, o tripartito deixa perder as axudas da Xunta para financiar o estudo imprescindible que permitiría deseñar actuacións para reducir estas perdas.


O Partido Popular de Cangas denuncia a "absoluta despreocupación e falta de previsión" do goberno local (BNG, PSOE e EU) ante as novas restricións de uso de auga no municipio. Tras a recomendación formal da concesionaria, a UTE Gestión Cangas, de activar medidas pola prealerta de seca, o PP critica que non se adopten outras medidas aforro estruturais “para todo o ano” como son a auditoría da auga e actuación de reparación das fugas da rede municipal.
Xa no pasado mes de marzo a formación liderada por Dolores Hermelo denunciou que o Concello segue ser realizar esta auditoría obrigatoria, incumprindo de forma flagrante a Lei 9/2019 e desatendendo os requirimentos oficiais enviados pola Xunta de Galicia en marzo de 2022 para que se puxeran ao día.
Nun contexto de enorme preocupación polas secas e no que as noticias advirten de que se chega a perder ata un 42% da auga potables por fugas, avarías ou fraudes nas redes municipais, Cangas atópase "completamente a cegas". Desde as filas populares advirten: "Non hai nin rastro desta auditoría na web do Concello, nin na Plataforma de Contratación do Estado. Non a fixeron nin a licitaron. Estannos a ocultar a realidade do noso abastecemento mentres a auga, un recurso vital, pérdese por unhas tubaxes das que descoñecemos o seu estado real".
O grupo maioritario da Corporación lembra que esta auditoría podía ter sido financiada a custo cero grazas ás subvencións de Augas de Galicia para municipios de menos de 50.000 habitantes. “Con todo, o tripartito nin sequera tramitou a solicitude e deixou perder os cartos públicos autonómicos por pura preguiza administrativa” explican, “algo que xa non sorprende a ninguén, máis cando a alcaldesa dixo sen rubor no último Pleno que non solicitaban axudas porque da moito traballo e por poucos cartos”.
Desde as filas populares sinalan que o concelleiro de Medio Ambiente, Antón Iglesias (BNG), que fai bandeira de accións menores polo seu impacto como a decisión de retirar as duchas das praias, “é incapaz de impulsar un estudo fundamental que suporía un aforro real de auga os 365 días do ano” critican. “A auga é un ben básico que require dunha xestión rigorosa e investimento”.
O PP considera "unha tomadura de pelo" as declaracións do concelleiro nacionalista, quen afirmou que "si se perde unha alcaldía porque se corta o auga das duchas, pois ben perdida está," mentres “consente que case a metade da auga de Cangas se verta directamente ao subsolo por ter unhas tubaxes vellas e crebadas que se negan a fiscalizar". “Presumir de retirar as duchas das praias non é máis que unha cortina de fume para tapar a súa incompetencia e ocultar a auga que se perde baixo terra, fóra da vista da veciñanza” afirman.
"Vale xa de facer política de postureo co bando municipal e coas duchas das praias. Esiximos ao tripartito que cumpra a lei, que execute a auditoría da auga e que invista o orzamento histórico do que tanto presumen en amañar de verdade a rede municipal", conclúen.
Partido Popular de Cangas de Morrazo
Construíndo un Cangas da xente.
Navegación
Inicio
Coñécenos
Actualidade
Contacto
Afíliate
Sede Local
Avenida de Ourense, 16, Cangas
ppdecangas@gmail.com
Atención á veciñanza: Luns a Venres
© Partido Popular de Cangas -
O partido co que Galicia Goberna.
CANGAS CON ORGULLO
