O TRIPARTITO LEVA 10 MESES ENGANANDO Á VECIÑANZA DE PEDRA ALTA
O goberno local incumpriu a súa promesa de ter listo o proxecto da avenida de Bueu no primeiro trimestre de 2026, malia aprobarse a moción por unanimidade. Unha mostra máis de que o BNG e os seus socios tratan de agochar a súa incompetencia sinalando aos demais, pero xa non enganan a ninguén.


A resposta da alcaldesa de Cangas confirma, para o PP, que o goberno municipal non ten hoxe nin proxecto nin capacidade para executar a reforma da avenida de Bueu, unha actuación que os propios responsables municipais presentaron como prioritaria para Pedra Alta. “A realidade é que o BNG, PSOE e EU deixaron fóra este proxecto da proposta que vai a Pleno. Mentiron entón e continúan mentindo agora” afirman. “O problema non é de recursos económicos, teñen case 6 millóns de euros durmindo nos bancos, senón de incompetencia e xestión” engaden.
Os populares lembran que a moción impulsada pola Asociación de Veciños de Pedra Alta foi aprobada por unanimidade no Pleno de novembro de 2025 e que, posteriormente, o goberno asegurou que traballaría na redacción do proxecto coa intención de levalo ao Pleno no primeiro trimestre de 2026. “Incumpriron punto por punto aquela moción que eles mesmos apadriñaron e aprobaron como fan con todos os acordos plenarios” explican. “Tanto é así que en abril, a propia asociación veciñal denunciaba xa que levaba cinco meses sen recibir información sobre o estado da actuación” continúan.
Para o PP, resulta “surrealista” que agora se responsabilice á oposición da situación de Pedra Alta. “Durante meses dixeron que o problema eran os remanentes e que a oposición impedía actuar. Agora que os remanentes están sobre a mesa, a avenida de Bueu segue sen proxecto e queda fóra da proposta», sinalan. Os populares sinalan que se a actuación era unha prioridade para o equipo de goberno, “onde está o proxecto dez meses despois da aprobación da moción?”
O PP lembra tamén que solicitou en varias ocasións acceder aos proxectos e expedientes das actuacións anunciadas polo goberno e que segue sen recibir a documentación que permita coñecer o seu grao real de tramitación. “Todo o que levan anunciado é fume” sentencian.
“Sempre imos a apoiar proxectos para a nosa vila” insisten. “O que non imos apoiar son cheques en branco a un goberno mentireiro e en minoría que é incapaz de dialogar coa oposición para chegar a acordos. Se hai proxectos, que os presenten, que expliquen canto custan, en que estado están e cando se poden executar. Pedra Alta merece certezas, non máis falsas promesas nin máis escusas”, rematan.
Partido Popular de Cangas de Morrazo
Construíndo un Cangas da xente.
Navegación
Inicio
Coñécenos
Actualidade
Contacto
Afíliate
Sede Local
Avenida de Ourense, 16, Cangas
ppdecangas@gmail.com
Atención á veciñanza: Luns a Venres
© Partido Popular de Cangas -
O partido co que Galicia Goberna.
CANGAS CON ORGULLO
