O TRIPARTITO NON LOITA POLOS CIDADÁNS, E SE RINDE SEN BUSCAR SOLUCIÓNS PARA QUE NON SE COBREN 4 ANOS DA VALORIZACIÓN CATASTRAL

O goberno local prioriza "facer caixa" e "lavar as mans" coa súa proposta de fraccionamento dos pagos. Para aliviar a carga fiscal das familias canguesas, é urxente eliminar a retroactividade e aplicar unha baixada drástica do coeficiente do IBI.

white concrete building during daytime
white concrete building during daytime

O Partido Popular de Cangas non comparte a estratexia do tripartito (BNG, PSOE e EU) fronte á recente valorización catastral que afecta a centos varios milleiros de veciños e veciñas aos cales se lles reclama agora atrasos dos últimos catro anos do IBI. Para pos populares é "unha liña vermella" exixir que non se aplique esta valorización, que mudou a cualificación de zonas rústicas a urbanas, con efectos retroactivos.

"Mentres o goberno local se conforma con ofrecer fraccionamentos para que a veciñanza pague dun xeito ‘máis cómodo’ o atropelo, nós esiximos a eliminación total dos efectos retroactivos aos últimos catro anos”. Para a formación é inadmisible que o Concello queira aproveitar a recadación "disparada" que supón este proceso, froito dun erro de xestión do que a cidadanía non é culpable.


Dende o PP entenden que o Concello non pode actuar como un simple recadador. Dada a situación financeira saneada, “da que tanto presumen”, grazas “a unha suba importante na recadación nos últimos anos”, os populares propoñen unha alternativa real: utilizar a marxe de manobra legal para reducir o coeficiente do IBI. "Non pode ser que o Concello recade moito máis a costa dos petos da veciñanza nun contexto de incremento do custo da vida e subas como a nova taxa de lixo. Se o valor catastral subiu, o tipo impositivo debe baixar", defenden.

Os populares tamén cuestionan a escasa transparencia e a ineficacia na comunicación cos afectados. Tras os intentos baldíos da alcaldesa de organizar reunións multitudinarias que os propios técnicos do Catastro declinaron, o PP esixe un plan serio de información que non pase por “pasarse o balón de uns a outros. Non podemos esquecer que o Catastro depende do Ministerio de Facenda, polo tanto do Goberno central que é sustentado polas mesmas formación que compoñen o actual equipo de goberno municipal” inciden.


"A nosa posición é clara: non aceptamos a aplicación retroactiva desta valorización e non compartimos que o Concello se poña de perfil e se frote as mans cuns ingresos extraordinarios a costa da asfixia fiscal á veciñanza” conclúen. O PP de Cangas non participará en manobras de distracción que busquen normalizar o cobro retroactivo e manterá a súa esixencia de xustiza fiscal tanto na próxima Xunta de Portavoces como no Pleno ordinario.